Guardado en: 1
(no CGAC até o 29 de xuño)
O traballo que Guillaume Leblon (Lille, Francia, 1971) presenta en Parallel Walk relaciónase en parte coas posicións conceptuais ou coa arte de sistemas dos anos setenta. As súas obras non son tanto obxectuais como elementos de construción, de interrogación e de exploración da realidade. Por iso acostuma fuxir dos argumentos positivistas a prol de operacións que inciden na calidade poética da experiencia. O seu método de traballo non é demostrativo nin científico, senón interrogativo; e interrogar, na obra de Guillaume Leblon, non equivale a procurar unha resposta senón a explorar un fenómeno. O seu traballo permanecerá exposto.
Miina fai quince anos e está a preparar a celebración habitual coa súa familia. Un dos agasallos que recibe é un colgante en forma de estrela que por algunha razón pon nerviosa a toda a familia. Aos poucos, e coa axuda da súa tía Olga, a nena irá descubrindo os moitos segredos que agocha o colgante así como as historias que a súa familia procura agochar. Estes descubrimentos fan que Mina emprenda unha viaxe cara a Valdemuller, onde reside a súa tía avoa Estrela.
O Centro Dramático Galego presenta Valdemuller, unha historia de monicreques baseada na novela de Xosé A. Neira Cruz e dirixida ao público infantil.
A Coruña
A Coruña
-Exposición Yves Saint Lauren. Diálogo coa arte. Do 19 de febreiro ao 29 de abril. Sede da Fundación Caixa Galicia.
-Actuación de Milton Nascimento dentro do ciclo Música con Raíces. 25 de abril, 22:00 horas. Coliseum.
-Exposición ¡Ch€! Revolución e mercado. Até o 18 maio. Fundación Luís Seoane.
-Congreso Internacional sobre A arte como instrumento de inclusión social. 26 e 27 de abril. macuf.
Compostela
-Exposición Ficcións analóxicas. O vídeo na Galicia dos oitenta. Até o 27 de abril. Cgac.
-Exposición 1:1, de Rubén Santiago. Até o 19 de abril. Galería DF.
-Exposición Distancia crítica, obras da colección cgac e da Fundación Arco. Até o 1 de xuño. cgac.
-Exposición Kounellis. Até o 4 de agosto. Sede da Fundación Caixa Galicia.
-Exposición Segunda pel, de Nando Lestón. Até o 18 de maio. Casa Da Parra.
-Exposición A Historieta Galega. 1978-2008. Até o 6 de xuño. Auditorio de Galicia.
-Concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Wit, coa violinista Marta Bisengaliew. Obras de Mendelssohn, Wieneiawski e Karlowicz. 24 de abril, ás 21:00 horas. Auditorio de Galicia.
-Exposición O álbum galego: 25 miradas para unha década (1997-2007). Até o 11 de maio. Biblioteca Pública Ánxel Casal.
-Exposición Paralell walk, deGuillaume Leblon. Até o 29 de xuño. cgac.
Ferrol
-I Semana de Poesía Salvaxe. Recitais de Guillermo Ferrández e Carlos González Karlotty, (16 de abril, ás 18:30 horas, no Quiosco do Cantón); María Lado e Lucía Aldao (16 de abril, ás 23:00 horas, no pub Cazadores); Víctor Díez (17 de abril, ás 00:30 horas, na Rúa Real e Praza de Amboage); David González, Camilo Franco (17 de abril, ás 21:00 horas, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester); O Leo (18 de abril, ás 00:30 horas no Mercado da Praza de España); Estevo Creus (19 de abril, ás 00:30 horas, no Mercado da Magdalena); Carlos Coroza (18 de abril, ás 21:00 horas, na Biblioteca Municipal Central); e como remate Jam Session poética con todos os participantes (19 de abril, ás 19:00 horas, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester).
Lugo
Lugo
-Concerto de Narf (Fran Pérez) de presentación do seu disco Toubén, dentro do ciclo Lugo cultural. 24 de abril, 21:00 horas. Auditorio da Facultade de Veterinaria.
-Representación de Saír do armario, de Francis Veber. 25 de abril, 20:30 horas. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
-Concerto de Luz Casal de presentación do seu disco Vida tóxica. 30 de abril, 22:30 horas. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
-Concerto Undescastration, a cargo de Xabier Sábata e Aaron Zapico. Arias de Haendel, Porpora, Veracini, Ruggieri e Hasse. 16 de abril ás 20:30 horas. Circo das Artes.
-Concerto de Ensemble S21. Obras de Webern, Berio, López e Messiaen. 21 de abril ás 20:30 horas. Conservatorio Profesional de Música.
-Concerto de piano de Joanna McGregor. 24 de abril ás 20:30 horas. Conservatorio Profesional de Música.
-Representación de Historia do soldado, de Satravinski. 26 de abril ás 18:00 horas. Circo das Artes.
-Concerto de Tilman Kircher e Zeynep Artun-Kircher. Obras para viola e piano de Schumann, Glinka e Shostakovich. 29 de abril ás 20:30 horas. Conservatorio Profesional de Música.
-Concerto de arias de ópera barroca a cargo de Simone Kermes e Le Musiche Nove. 5 de maio ás 20:30 horas. Circo das Artes.
-Concerto de lieder a cargo de Carolyn Sampson e Julius Drake. Obras de Debussy, Poulenc, Mendelssohn e Schubert. 7 de maio ás 20:30 horas. Circo das Artes.
-Concerto A historia do violín e o seu misterio, concerto a cargo de Florian Vlashi. 10 de maio ás 20:30 horas. Circo das Artes.
-Concerto de cámara a cargo de Laurent Blaiteau, Thomas Piel e Emmanuelle Janisz. Obras de Haydn, Martinu, Jevtic e Weber. 13 de maio ás 20:30 horas. Conservatorio Profesional de Música.
Ribadeo
-Representación de Valdemuller a cargo do Centro Dramático Galego. 15 de maio ás 11:00 horas. Auditorio Municipal.
Vilalba
-Espectáculo de maxia a cargo de La Imagina Machina. 19 de abril, ás 20:30 horas. Auditorio Carme Estévez.
-Espectáculo de maxia a cargo de Christyan Magic. 26 de abril, ás 20:30 horas. Auditorio Carme Estévez.
-Representación da ópera La Traviata, de Giuseppe Verdi, a cargo da Compañía de Ópera Internacional Concerlírica. 28 de abril, ás 20:30 horas. Auditorio Carme Estévez.
-Representación de Arte, a cargo de Fulano, mengano e Citano. 3 de maio ás 20:30 horas. Auditorio Carme Estévez.
-Representación de O soldadiño de chumbo a cargo de Eina D’Escola. 9 de maio ás 11:00 horas. Auditorio Carme Estévez.
Monforte
-Representación de Novecento, a cargo da compañía Nunca+1. 15 de maio, ás 20:15 horas. Edificio multiusos.
Ourense
Ourense
-Exposición de pinturas de Xulio Prieto Nespereira. Museo Municipal. Permanente.
-Concerto da Familia Mishra (Varanasi-Benarés: música, canto e danza hindúes) e Om/Off (banda de fusión). 18 de abril ás 23:00 horas. Auditorio Municipal.
-Representación de La señorita de Trevélez, de Carlos Arniches. 7 de maio ás 20:30 horas. Auditorio Municipal
-Representación de Malasombra: Non é tan fácil, de Paco Mir. 9 de maio ás 20:30 horas. Auditorio Municipal.
-Representación do musical Grease. 10 de maio ás 20:00 e 22.30 horas. Auditorio Municipal.
-Representación de Os feios a cargo de Gretua (Grupo Experimental de Teatro da Universidade de Aveiro). 26 de abril, 20:30 horas. Auditorio municipal.
Ribadavia
-Proxección do documental A memoria dos tempos de Wolfram. 9 de maio ás 20:30 horas. Centro Social de San Paio.
O Barco de Valdeorras
-Representación de Valdemuller a cargo do Centro Dramático Galego. 22 e 23 de abril ás 12:00 horas. Teatro Lauro Olmo.
Pontevedra
Pontevedra
-Exposición Ríos de Galicia: tesouros da vida, de fotografías de José Luís González. Até o 4 de maio. Centro Social Caixanova.
Cangas
-Concerto de Fijado Korroído dentro do programa Son de Cangas. 18 de abril. Sala Carpe Diem.
-Concerto de Postuma dentro do programa Son de Cangas. 2 de maio. Sala Thays.
-Concerto de Negra Sombra dentro do programa Son de Cangas. 9 de maio. Sala Electra.
-Concerto de Faino Ti dentro do programa Son de Cangas. 16 de maio. Sala Carpe Diem.
Vigo
-ExposiciónProspera, de Carmen Nogueira. Até o 11 de maio. marco.
-Exposición Paraísos Indómitos. Até o 18 de maio. Marco.
-Exposición Artifex de Enxeñería Romana en España. Até o 27 de abril. Museo Municipal Quiñones de León.
-Representación de Valdemuller a cargo do Centro Dramático Galego. 17 e 18 de maio ás 11:00 horas. Centro Cultural Caixanova
-Exposición sobre o Himno Galego Os tempos son chegados. Até o 27 de abril. Verbum (Casa das Palabras).
Vilagarcía
-Representación de La señorita Julia, de August Strindberg. 17 de abril ás 21:00 horas. Auditorio Municipal.
-Actuación da Real Filharmonía de Galicia. Obras de Karlowicz, Wieniawski e Mendelssohn. 25 de abril ás 21:00 horas. Auditorio Municipal.
-Representación de Kamikaze a cargo de Pistacatro Productora de Soños. 26 de abril ás 21:00 horas. Auditorio Municipal.
-Representación de Valdemuller a cargo do Centro Dramático Galego. 8 e 9 de maio ás 11:00 horas. Auditorio Municipal.