criticArte

capa

Hexed: A serie que Emma Ríos  converteu en máxica

Por Xosé Ramón Couñago

Hexed a serie que a galega Emma Ríos fixo para Boom! Studios en Estados Unidos foi todo un éxito e isto motivou que a editora xa anunciase a publicación dun volume recompilatorio en capa dura que chegará ás tendas o vindeiro mes de xullo.

Esta serie conta con catro volúmenes e foi publicada simultaneamente en formato papel e na web desde a que se pode descargar gratuitamente no myspace da editorial Boom!Studios.

O guionista de Hexed foi  Michael Alan Nelson creador de títulos como Dead Run, Cthulhu Tales, Dominion, Last reign ou Full of Cthulhu: King of wars e a cor correu a cargo de Cris Peter que ten traballado en The Savage Brothers, Thombie Tales ou Fall of Cthulhu  entre outros. Emma Ríos ocupouse tanto da tinta como do lápiz.

É a historia dunha ladroa xuvenil, Luci Jennifer Inacio Das Neves – “Lucifer”, con poderes sobrenaturais e que acompañada dun pequeno peluche é capaz de viaxar a outros universos paralelos e contactar con espíritus de toda índole. Nesta ocasión vai ser vítima dunha chantaxe e terá que arriscar a súa propia vida.

“Lucifer” naceu como secundario na serie de Cthulhu Tales da mesma editorial, pero o guionista quixo desenvolver ao personaxe nunha serie particular. Trátase dun mociña capaz de saltar do romance ao gore sen desentonar.

No que respecta ao traballo de Emma foi capaz de adaptarse ás esixencias do guión e recrear á perfección os momentos de loita épica cos inimigos así como os de debate interno da protagonista. A galega está dotada dunha extraordinaria capacidade para encher os seus debuxos de dinamismo e cinética. É capaz de lograr que unha secuencia típica de conversación adquira unha inercia visual que fai atractiva visualmente tramos da historia que doutro xeito serían moito menos dixeribles. É unha narradora visual que non dubida en arriscar á hora de parcelar a páxina coas  viñetas e que gusta de romper da uniformidade compositiva na que outros caen.

Consegue crear ambientes enigmáticos e perturbadores rodeando ás figuras humanas de formas extranas e envolventes que recrean un ambiente máxico e conseguen transportar ao lector a outra dimensión da realidade.
Realmente chega a cuotas nas que o lector parece deslizarse por un divertido tobogán de atractivas escenas nas que xoga moi ben co “tempo” das accións.

Ademais Emma non escatima esforzos á hora de xogar cos enfoques de cámara e cando a acción o require móvenos entre picados, contrapicados e visións de 3/4 que describen a situación e aos personaxes dun xeito casi tridimensional.

A esta arousana que comezou como arquitecta agárdaa un futuro brillante como autora de banda deseñada.

 

4c2aa-obra-de-ali

Made in Galicia

Por Francisco Porto

Imaxe de Esperanza Porto

O ciec (Centro Internacional da Estampa Contemporánea) non está en Bruxelas, Londres ou París. Está moi preto de nós, en Betanzos (A Coruña).

A Fundación ten como obxetivos principais a promoción e difusión das artes gráficas. Ademáis dos seus talleres de serigrafía, calcografía, litografía e xilografía nos que o artista pode profundizar nas diferentes técnicas de grabado, a Fundación convoca anualmente o Premio Internacional de Arte Gráfico Jesus Núñez dotado coa cantidade de 6.500 euros e unha exposición individual incentivando desta forma a que os artistas traballen dentro da arte gráfica e buscando a difusión e coñecemento desta arte.

O centro é dirixido por Jesús Núñez, artista polifacético que sempre tivo o gravado como unha constante vital creativa fundou o ciec converíndoo nun dos pilares da obra gráfica no contexto internacional.

O seu carácter internacional non pasa desapercibido posto que os alumnos do actual master proceden de diferentes países: Italia, Arxentina, Alemaña, Francia ou do noso país veciño Portugal.

Actualmente estase a expoñer a obra da xoven artista María Calzadilla, Las cosas al vuelo, na que as súas composicións cromáticas e sinxeleza aportan á obra unha relación directa co espectador.

O próximo mes Ali Ali, presentará unha selección dos seus últimos traballos, La violencia de una mariposa, na que a mistura árabe e occidental está presente en toda a súa obra.

 

Deixar un comentario

Aínda non hai comentarios.

RSS Comentarios Identificador de URI de seguimento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.