ESCAPARATE (novidades)

audiovisual

 

thumb_570_oscrebinsky01

Enrique Otero_Crebinsky. The Film_Longametraxe

Quen non lembra aos míticos Crebinsky, nados baixo o influxo dos efluvios do chapopote nunha triste noite protagonizada polo maldito Prestige? Os irmáns Feodor e Mihail Crebinsky fixéronse maiores e deron o chimpo da curtametraxe á longametraxe. Seguen a sobrevivir apañando o que traen as mareas, as crebas, pero nesta ocasión vense enleados nunha triste historia que ten a Segunda Guerra Mundial como telón de fondo. O desembarco dos aliados, que se ía efectuar nas costas galegas, desprázase finalmente para Normandía. Os irmáns inician entón, guiados pola súa vaca, unha viaxe existencialista que os levará á súa propia orixe.

libros

 

libros_1672

Carlos L. Medrano_Esfinxe. Relatos de pensamento creativo_3C3

Esta obra é unha proposta interdisciplinar de aprendizaxe de diferentes contidos curriculares a través do xogo e do enxeño. Nela proponse a utilización da lóxica para interpretar con coherencia os datos que se ofrecen. Clasificados por graos de dificultade (polo que dese xeito resulta doado seleccionar os que poden ser aplicados en diferentes niveis) e dotados dun solucionario final, estes relatos de enxeño son un adecuado complemento para traballar o desenvolvemento lóxico do alumnado e para completar determinados coñecementos teóricos de disciplinas como as linguas, as matemáticas ou as ciencias sociais. E tamén, por que non, para pasar unha boa tarde tentando averiguar as solucións destes problemas de lóxica. Entretemento asegurado. Conta con ilustracións a cor de Elena Menjón.

 musica

 

untitled

 Esenia_Noviembre_Silent Tree

Agardado, pero por fin xa está na rúa o primeiro EP da banda viguesa Esenia, titulado Noviembre. Xa pasaron dous longos anos dende a aparición de Templo das mareas, aquela maqueta autoproducida que nos deixou tan bó sabor de boca. Agora, con este disco, Esenia abre o camiño dunha nova etapa moito máis aberta que os seus anteriores traballos, xa co apoio de Silent Tree, a editora, que lles permitiu gravar na súa cidade (nos estudos Metrópolis) pero que para as misturas do disco preferiu desprazarse ata Finlandia para traballar con Mika Jussila. Son só catro temas, pero prometen moito máis do que ofrecen. E como colofón desta experiencia, avanzamos que Esenia vai participar cun tema, Resurrection, no disco que se está a argallar de tributo aos alemáns Running Wild baixo o título de ReUnation – A Tribute To Running Wild.

Aínda non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Comentarios RSS Identificador de URI de seguimento

Deixa un comentario